Posts Etiquetados ‘rañal’

Gran verbena en O Rañal

Miércoles, agosto 5th, 2009

Estupenda festa a que fixeron os membros da S.D.R. Rañal este sábado día 01 de agosto: o tempo non se sabía se ía acompañar pero quedou un día moi bonito e a xente disfrutouno.
Cando chegamos os “rapaces” da Peñita, xa estaban facendo as brasas para ó remate do partido, así que xogamos pensando nas sardiñas… o partido foi disputado e a victoria levouna o equipo da casa (o resultado é o de menos), e a maiores foi a retirada do número 9 que pasará a xogar a veteranos.
Ó remate do partido ducha e a por unhas sardiñas con broa (ou bola) totalmente de balde, pagábase a bebida (moita cerveciña fresca) e o churrasco para quen o quixera mellor que as sardiñas.
O resto da festa non estiven, pero tiñan preparada unha verbena ata a 01:00, a esa hora entregaríanse os trofeos ó primeiro posto (100€) e ó segundo (50€) e despois, xa sobre as 02:00 sorteo de agasallos.
Se podo escanealo cartel xa o poño na web, e para a próxima fareino antes da festa e non despois…